Patrick Benson

Hampshire, 1956

Estudou debuxo clásico en Florencia e ampliou a súa formación nas facultades de Belas Artes de Chelsea e St Martin. Antes de dedicarse á ilustración traballou no sector da moda. Publicou numerosos libros, dos cales "As tres curuxiñas" foi o que máis fama lle deu. Recibiu os premios Mother Goose (1984) e Kurt Maschler (1995), entre outras distincións. Tamén ten publicado obras como autor e ilustrador.