Pablo Bernasconi

Buenos Aires, 1973

Estudou Deseño Gráfico na Universidade Nacional de Bos Aires, onde foi profesor e xefe de Traballos Prácticos de Deseño. A súa faceta como ilustrador comezou en 1998 no diario Clarín. As súas ilustracións publicáronse tamén en publicacións como La Voz de Galicia, Diario de León, La Nación de Costa Rica, The Wall Street Journal, The New York Times e The Times. Recibiu varios premios da Society of Newspapers Design, o World Book Day 2004 e o UK Association of Illustrators 2005. Os seus libros infantís foron traducidos a varias linguas. Reside e traballa en Bariloche (Patagonia, Arxentina)

http://www.pbernasconi.com.ar