Leire Bilbao

Ondarroa, Bizkaia, 1978

Licenciada en Dereito Económico pola Universidade de Deusto, dende a súa mocidade estivo vencellada ao mundo do bertsolarismo. Á publicación do poemario "Ezkatak", en 2006, seguíronlle numerosos libros para público infantil. A súa obra para adultos foi traducida a varias linguas, forma parte de antoloxías e algunhas composicións foron musicalizadas. O recoñecemento máis destacado da súa traxectoria é o Premio Euskadi de Literatura 2017 por "Bechopoemas e outras bestas" (Xomorropoemak en éuscaro, publicado por Pamiela).