Bocage

Setúbal, 1765; Lisboa, 1805

Manuel María Barbosa du Bocage foi soldado, garda marina e, nos últimos anos, tradutor. Tivo unha vida breve, pero intensa. Entre 1783 e 1786 xa era coñecido, en Lisboa, como o poeta da resposta pronta e inesquecible. A súa vida e a súa poesía confundíanse e cruzábanse constantemente. De Setúbal trasladouse a Lisboa e, de alí, a Goa, cunha escala de dous meses en Brasil; pasou por Damão, Macau e, en 1790, regresou a Portugal. Bohemio, antimonárquico e anticlerical, de espírito irritable e indomable, loitou polos ideais de liberdade, igualdade e fraternidade da Revolución Francesa (o que lle valeu algúns meses de cárcere). Nos derradeiros anos da súa vida foi un home doente, arrependido e amargado, pero ese sufrimento suavizouse coa presenza dos amigos e dos rivais que, a pesar de todo o que lles enfrontaba, tíñanlle respecto. Neoclásico por formación, Bocage foi romántico no seu temperamento; nese conflicto entre as convencións ornamentais e o contido, a súa obra reflectiu esas tensións, dando lugar a unha poesía que non só plasma a realidade cultural, senón que a sobrepasaba, e que deparou un xogo entre o equilibro da arte poética clásica e a impetuosidade dos sentimentos e das emocións.