Magoia Bodega

Vigo, 1975

Profesora de Educación Musical no Ensino primario. Comezou a súa andaina musical no Conservatorio Superior de Música de Vigo, onde completou os estudos de gaita, piano e frauta de pico. Formou parte do grupo Muxicas dende 1990 ata a desaparición desa formación, coa que gravou os discos "Escoitando medra-la herba", "No colo do vento", "Naturalmente" e "20 anos de camiño". Ten colaborado con músicos como Rodrigo Romaní e Susana Seivane. Incorporouse a Treixadura en 2008. Xunto con Paulo Nogueira realizaron a dirección e produción musical dos traballos audiovisuais "O Quiquiriquí" e "Pelo Gato 24". Tamén imparten cursos de música galega para o profesorado de Ensino Primario e realizan concertos didácticos para escolares. Máis recentemente ocupáronse dos arranxos e da produción musical do libro-disco "Pan de millo", de Migallas Teatro (KALANDRAKA).