Pierre Boulle

Avignon, 1912; París, 1994

Graduouse como enxeñeiro na Escola Superior de Electricidade de París pero a súa vida experimentou numerosas vicisitudes: durante a Segunda Guerra Mundial alistouse no exército da Indochina francesa, posteriormente foi axente secreto e colaborou coa resistencia francesa ata que en 1943 foi capturado polos partidarios da Francia de Vichy e condenado a traballos forzados. Trala guerra foi nomeado Cabaleiro da Lexión de Honra e condecorado coa Cruz de Guerra e coa Medalla da Resistencia. Trasladouse logo a París, onde comezou a escribir, publicando a súa primeira novela en 1951. Os seus dous grandes éxitos literarios "Ponte sobre o río Kwai" (1952) -Premio Sainte-Beuve- e "O planeta dos simios" (1963) foron levados ao cinema.