Tim Bowley

Londres, 1945; , 2017

Narrador e especialista en contos tradicionais de todo o mundo, percorreu numerosos países coas súas actuacións ao longo de 25 anos de traxectoria, ademais de impartir cursos de contacontos. Colaborou nunha antoloxía narrativa publicada no Reino Unido e foi autor da obra bilingüe inglés-español "Semillas al viento" traducida por Casilda Regueiro, con quen formou tándem artístico durante unha década. Posteriormente traballou coa narradora Charo Pita. Na súa bibliografía para público infantil destacan "Xaime e as landras", "Amelia quere un can" e os libros de relatos "O Rei Oso Branco" e "Non hai escapatoria" (KALANDRAKA).