Charles Bukowski

Andernach, Alemaña, 1920; Los Ángeles, 1994

Heinrich Karl Bukowski. Naceu en Alemaña, pero axiña emigrou a Los Angeles cos seus pais. A súa nenez e adolescencia estiveron estiveron marcadas por dous traumas: as frecuentes malleiras do seu proxenitor e o acné, que lle deixou cicatrices para sempre. Quizais a causa diso, o alcol e a literatura foron o seu principal refuxio durante a xuventude, sendo lector empedernido das obras de Hemingway, D. H. Lawrence, Huxley, Dos Passos... Matriculouse dous anos na Universidade en Arte, Xornalismo e Literatura, pero non chegou a rematar os estudos. Daquela xa escribía moreas de relatos e, aos 24 anos, conseguiu publicar por primeira vez nunha revista. Despois dunha década en branco, e abandoado á bebida, en 1965 retoma a escrita e publica "The days run away like wild horses over the hills", considerada a súa mellor obra poética. En 1969, o editor de Black Sparrow Press, John Martin, prometeulle unha remuneración de 100 dólares mensuais de por vida, polo que Bukowski deixou o seu traballo en Correos para adicarse a escribir e "morrer de fame", como el mesmo chegou a dicir. Na primeira novela escrita nesa época, "Post Office", xa aparecía o personaxe de Henry Hank Chinaski, alter ego do autor. A esta seguiríanlle outras cinco con ese mesmo protagonista, entre as que destacan "Pan con xamón" e "Factotum". Charles Bukowski morreu de leucemia en 1994, pouco despois de rematar a novela "Pulp". Na súa tumba lese: "Don't Try".