John Burningham

Farnham, Surrey (Inglaterra), 1936

É un dos autores e ilustradores máis prestixiosos e queridos no eido da literatura infantil contemporánea. Antes de dedicarse a esta actividade desempeñou varios oficios, como a silvicultura ou a construcción, o que lle levou a viaxar por varios países. En 1956 iniciou a súa formación na Escola Central de Arte, na que se diplomou tres anos despois. Deseñou cartaces para entidades oficiais británicas e traballou na animación de marionetas. En 1963 publicou o seu primeiro libro, titulado "Borka". Ao longo da súa traxectoria recibiu numerosos galardóns: concedéronlle en dúas ocasións a Medalla Greenaway e o Premio Kurt Maschler polos seus libros, que se len en todo o mundo. A crítica ten calificado "Eduardo, o neno máis terrible do mundo" como un conto conmovedor e reflexivo, na liña de clásicos seus como "Mr Gumpy's Outing" e "Oi! Get Off Our Train".