Ramón Cabanillas

Cambados, 1876; Cambados, 1959

Emigrou a Cuba entre 1910 e 1915, onde se implicou na causa agrarista e publicou "No desterro" (1913) e "Vento mareiro" (1915). De volta en Galicia, participou na creación das Irmandades da Fala. Aclamado como o 'Poeta da Raza', os seus poemas contribuiron a forxar a modernidade literaria da Galicia do século XX. A partir de "Na noite estrelecida" (1921) e "Da terra asoballada" (1926) adoptou unha actitude educadora enfocada á concienciación social. Retomaría o lirismo intimista co poemario amoroso "A rosa de cen follas". Ingresou na Academia Galega en 1920 e sete anos despois na Real Academia Española. Tras un tempo de silenzo, publicou "Antífona da Cantiga" (1951), "Da miña zanfona" (1954), "Versos de alleas terras e tempos idos" (1956) e "Samos" (1958). En 1976, no centenario do seu nacemento, adicóuselle o Día das Letras Galegas.