João Caetano

Mozambique, 1962

Licenciado en Pintura na Escola Superior de Belas Artes de Porto (Portugal). Iniciou a súa traxectoria artística como debuxante de cómic. Dende 1991 traballa como ilustrador. Ilustrou uns 50 títulos no eido do libro escolar e máis de 20 álbums para público infantil e xuvenil. Tamén participa en exposicións de pintura. Recibiu unha mención especial no concurso Scarpetta d’Oro 2000 en Italia, o primeiro Premio Nacional de Ilustración 2001 e outras dúas mencións do mesmo certame en Portugal.