Miguel Calatayud

Aspe, Alicante, 1942

Debuxante e ilustrador de cómic e libros infantís. Considéraselle pioneiro do movemento estético coñecido como ‘Nueva Escuela Valenciana’. Concedéronlle o Premio Lazarillo de Ilustración (1974) e o Premio Nacional de Ilustración (1989 e 1992). No ano 2000 foi candidato por España ao Premio Hans Christian Andersen. Foi un dos representantes da chamada ‘liña clara valenciana’. Foi comisario de exposicións e dirixe varios proxectos editoriais.

Outros libros do mesmo autor en castelán