Paula Carballeira

Fene, A Coruña, 1972

Licenciada en Filoloxía Hispánica. Dende 1994 traballa como narradora oral; participou en programacións culturais en Galicia e noutras partes de España, así como Portugal, Brasil e Chile. Na súa faceta como actriz está vencellada ao grupo de teatro Berrobambán; tamén traballa en series de ficción para a TVG. Como escritora, publicou varios libros de poesía e de literatura infantil, entre os que figuran "Paco" e "Smara", editados por KALANDRAKA.