Salvador Cidrás

Vigo, 1968

Licenciado na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, artista multidisciplinar especialista en vídeo, debuxo, escultura e instalación.  A súa obra expúxose en importantes museos de arte contemporánea: CGAC (Compostela), MUSAC (León), Reina Sofía (Madrid); tamén a nivel internacional: Berlín, Amsterdam, Nova York, Tokio, Os Ánxeles... Profesor da área de Expresión Plástica da Universidade de Santiago de Compostela na Facultade de Formación de Profesorado de Lugo, e promotor do grupo de innovación educativa Escola Imaxinada.

https://www.escolaimaxinada.com