Colectivo Corasons

ANTÓNIO ZAMBUJO: A voz portuguesa masculina máis internacional do momento. | JOÃO AFONSO: Un dosprincipais cantautores ibéricos, sobriño de Zeca Afonso. | RUI DAVID: Canta música portuguesa, brasileira e ten actuado no teatro. | MAGÍN BLANCO:Tres décadas de traxectoria musical como músico e compositor. | INÊS SALSELAS: Nacida en Porto, cantou no grupo Canto Nono. | QUINÉ TELES: Un dos mellores percusionistas da música portuguesa. | BELÉN CID: Cardióloga, experta no complexo mundo dos corazóns. | CARLOS BLANCO: Actor teatral, autor e director. Figura do humor galego. | NAJLA SHAMI: Achegando sonoridades de Portugal, Brasil e África,que mestura coas súas raíces e co jazz. | SÉRGIO TANNUS: Un dos máis completos artistas da "safra" brasileira. Virtuoso instrumentista. | BRUNO CARDOSO: Emigrante en Mozambique, é experto en música tradicional. | LUANDA COZETTI: Forma o grupo Couple Coffee co baixista Norton Daiello. | NORTON DAIELLO: Unha das metades dos Couple Coffee. Acompañou artistas como Luanda Cozetti e Ivan Lins. | XOÁN CURIEL: Un dos valores actuais da música galega, premio ao mellor álbum nos V Premios da Música Independente. | ALINE FRAZÃO: Co seu último disco "Movimento", interpreta música tradicional de Angola, Cabo Verde e Brasil. | MANUEL SALSELAS: Músico do Porto que formou parte do grupo Jig. | PABLO VIDAL MENDOZA: Produce a Sapoconcho no seu estudio Aldea Global. | TATÁN CUNHA: Actor de longa traxectoria no mundo dos títeres, cofundador de Tanxarina. | CHUS DOMÍNGUEZ: Formou dúo coa súa irmá Uxía. Participou no libro-cd "Maria Fumaça" adicado ao seu fillo Rui. | ANA SENLLE: Forma parte do grupo SonDeSeu e de Malvela, directora vocal e coprodutora dos seus discos. | PIERRE ADERNE: Compositor e autor da letra de "Guia" de António Zambujo ou "Mina do Condomínio". | SERGINHO SALLES: Formou parte do grupo Só pra contrariar co que conseguiu premios e nominacións aos Grammy Latinos. | ALFREDO TEIXEIRA: Foi membro do grupo Jig e participou noutros proxectos de música popular portuguesa. | BUDIÑO: Ten publicado seis discos recoñecidos pola crítica e con premios importantes. | ISAAC PALACÍN: Fundador de Berrogüetto e produtor no seu estudio Minhoteira. | PACO ABELLEIRA: Guionista e traballador audiovisual, dirixiu o documental "CoraSons". | DANI JUNCAL: Iluminador, participou na produción executiva de "CoraSons" e deseñou a escenografía. | ISABEL LEAL: Foi a voz dogrupo Jig. A música e a fotografía son as súas paixóns.| UXÍA: Máis de 25 anos de carreira artística. É directora artística de Cantos Na Maré, o Festival Internacional da Lusofonía, e tamén de "CoraSons".