Carlo Collodi

Florencia (Italia), 1826; Florencia (Italia), 1890

É o seudónimo de Carlo Lorenzini, un prestixioso xornalista italiano que, despois do éxito obtido polas traducións dos contos clásicos franceses a finais dos anos setenta, animouse a escribir os seus propios libros para nenos. En xullo de 1881 apareceu no Giornale dei bambini o primeiro capítulo de Le Avventure di Pinocchio, que tivo moita repercusión. O que comezou como un serial nunha revista publicouse por primeira vez en formato de libro en 1883. Collodi seguiría probando sorte como escritor, pero ningunha das súas obras seguintes acadou a cota de perfección de Pinocho.