Marianna Coppo

Roma, 1990

Estudou ilustración en MiMaster, en Milán, perfeccionando a súa formación en materia de debuxo e de narración. Na actualidade traballa como ilustradora de libros para público infantil e é unha das promotoras de Tentacoli, un selo independente especializado en fanzines e produtos artesanais.