Mon Daporta

Cambados, 1952

Foi docente de Educación Primaria. Formou parte do colectivo pedagóxico Candea, que se dedicou a organizar cursos de formación e actividades para educadores. É autor de varios libros infantís. Participou na elaboración de enciclopedias temáticas e libros de divulgación sobre o medio galego.