Evelyn Daviddi

Carpi (Italia), 1973

Estudou no Instituto Europeo de Deseño en Milán. Traballa no deseño e desenvolvemento de campañas escolares en Italia e tamén como asesora en materia de política social. Colabora con editoriais de Italia, Estados Unidos, España, Croacia, Alemaña e Taiwán na ilustración de libros infantís, ademais de revistas, axencias de publicidade e proxectos de animación.

http://www.evelyndaviddi.it