Miquel Desclot

Barcelona, 1952

Pseudónimo de Miquel Creus, estudou Filoloxía Catalá na Universidade de Barcelona e foi profesor universitario en Bellaterra e Durham. Dende 1992 dedícase á literatura como escritor e tradutor de autores como Dante, Petrarca ou Buonarroti. É autor de máis de corenta obras de narrativa, teatro, ensaio, poesía, literatura infantil... Membro da Associació d'Escriptors en Llengua Catalana, ten recibido numerosos recoñecementos: Premio Amadeu Oller (1971) de poesía; Premio Josep M. de Sagarra (1985), Premio da Generalitat (1988) de tradución e Premio Nacional (1988) de traducción infantil; Premio Crítica Serra d'Or (1993 e 2000); Premio Nacional de Literatura infantil (2002)...