Pablo Díaz

A Coruña, 1972

Multiinstrumentista e cantante. Iniciou na nenez a súa traxectoria artística, que se enfocou ao estudo e o ensino do baile e da música tradiciona galega: gaita, clarinete, percusión e canto. En 1991 creou un grupo de investigación etnográfica co que percorreu o rural galego recollendo pezas musicais e tradicións. Actualmente forma parte dos grupos Donaire, Ruote e Tátara Trío. Participou en 12 traballos discográficos como músico, cantante e produtor musical, e ten colaborado con Susana Seivane, Pablo Seoane e Milladoiro. Tamén foi músico do equipo de animación á lectura de KALANDRAKA.

http://www.myspace.com/pablodiazcarro