Philip K. Dick

Chicago, 1928; Santa Ana, 1982

Autor de 36 novelas -"The man in the high castle" e "Ubik" son algúns títulos sobranceiros- e máis dun cento de relatos, a súa traxectoria literaria a nivel profesional comezou en 1952. A política e a socioloxía estaban presentes nas súas primeiras obras, derivando posteriormente cara á metafísica e á teoloxía. As revistas pulp foron o soporte onde se publicaron moitos dos seus textos breves, entre os que destacan "Beyond Lies the Wub" e ao que seguiron "Planet Stories". Tamén salientaron "A Scanner Darkly" e "SIVAINVI 1", nos que reflectiu parte da súa experiencia vital e os seus problemas coas drogas, a paranoia e a esquizofrenia. De feito, viviu practicamente na pobreza e só un tempo antes da súa morte recibiu o recoñecemento da crítica e do público. Non chegou a ver en pantalla a coñecida "Blade Runner", adaptación cinematográfica de "Soñan os androides con ovellas eléctricas?". Na actualidade é un dos autores máis aprezados do xénero da ciencia ficción.