Marguerite Duras

Indochina francesa (Vietnam), 1914; París, 1996

Estudou Dereito, Matemáticas, Ciencias Políticas e Económicas en París, a onde se trasladou en 1932. Casou en 1939 co escritor Robert Antelme, que foi arrestado pola Gestapo e enviado ao campo de concentración de Buchenwald tres anos despois. Duras formou parte da Resistencia, onde coñeceu a François Mitterrand e a Dyonis Mascolo, con quen tivo un fillo. Militou un tempo no Partido Comunista e foi deportada a Alemaña. Cando rematou a II Guerra Mundial, dedicouse á escritura, publicando os seus primeiros relatos existencialistas na revista Les temps modernes. De 1943 data a súa primeira obra, "Os impúdicos", á que lle seguiron máis dunha vintena de novelas, guións cinematográficos de películas tan sobranceiras como Hiroshima, mon amour, textos dramáticos e artigos publicados en prensa. A partir dos anos 50 sería considerada o referente do movemento Nouveau roman. Tras unha infancia e unha adolescencia moi duras, a xuventude tamén foi difícil polo complexo contexto político que lle tocou vivir e mais polo alcoholismo, que marcou o resto da súa vida.