Elzbieta

Polonia, 1943

Estudou na Academia de Belas Artes de Varsovia e ao longo da súa prestixiosa traxectoria artística recibiu os principais galardóns europeos como ilustradora, como a Medalla de Ouro da Bienal de Ilustración de Bratislava e o Premio de Arte Visual para Nenos de Poznán. A obra de Elzbieta Gaudasinska expúxose na Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña, na Feira do Libro de Leipziger ou na Feira de Editores de Polonia.