Wolf Erlbruch

Wuppertal (Alemaña), 1948

Estudou deseño gráfico en Essen e traballou como debuxante publicitario en prestixiosas revistas como Stern e Esquire. Nos anos 80 comezou a escribir e a ilustrar libros infantís. Entre 1990 e 1997 foi profesor de debuxo gráfico e ilustración na Escola Universitaria de Belas Artes de Düsseldorf. Ata a actualidade viña sendo docente de Arte na Universidade de Wuppertal. Entre os numerosos galardóns que recibiu destacan o Premio Alemán de Literatura Xuvenil en 1993, o premio da Feira do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña, o título extraordinario do Premio Alemán de Literatura Xuvenil en 2003 polo conxunto da súa obra, o Premio Gutenberg da cidade de Leipzig e o Premio Hans Christian Andersen en 2006 polo seu traballo "sempre bulideiro, xovial e filosófico".