Esopo

A historia máis difundida sobre as súas orixes sitúan o seu nacemento en Frixia (actual Turquía) arredor do 600 a.C. Cóntase que foi escravo de Xanto de Samos, que lle outorgou a liberdade, e que Creso enviouno a Delfos para consultar o oráculo. Amolado pola cobiza dos habitantes da cidade, Esopo devolveulle ao rei as riquezas que tiña que repartir coa poboación. En vinganza, acusárono de roubar unha copa consagrada a Apolo e déronlle morte precipitándoo dende o alto dun penedo; unha acción da que se arrepentiron. O monxe Máximo Planudes publicou no século XIV unha semblanza da súa vida coas súas fábulas.