Cristina Falcón Maldonado

Trujillo, Venezuela, 1963

Poeta e escritora de contos e materiais didácticos para nenos. Impartiu obradoiros de poesía e participou en campañas de educación e de escolarización, así como en actividades de promoción da lectura. Algunhas das súas obras foron traducidas ao inglés, francés, portugués e tailandés. Estudou Arquitectura e Deseño Gráfico. Reside en España dende 1992. Actualmente é directora creativa do estudo Veo Veo Comunicación, en Cuenca. 

http://www.veoveoc.es/