Stefanía Fantauzzi

Pisa (Italia)

Estudou no Liceo Clásico Minghetti de Bolonia e licenciouse en Filosofía. Foi profesora de italiano en varias escolas. Actualmente reside en Barcelona, onde impartiu clases no Instituto Italiano de Cultura, o Conservatorio Superior de Música do Liceo e o Conservatorio de Terrassa. Tamén colabora coa Escola de Linguas Modernas da Universidade de Barcelona. Dende 2005 traballa na Universidade Autónoma de Barcelona. Participa en congresos e publica artigos en revistas internacionais, especialmente sobre ensino do italiano aplicado ao canto.