Juan Farias

Serantes, A Coruña, 1935

Estudou Náutica na Coruña e embarcouse na Mariña Mercante. Iniciou a súa traxectoria literaria en 1959, dirixida nos últimos 30 anos ao público infantil e xuvenil. Foi galardoado co 1º Premio Iberoamericano de Literatura Infantil e Xuvenil 2007, e o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 1980. Figura na Lista de Honra da IBBY. Foi finalista en 1965 do Premio Nadal e gañou en 1973 o Premio Nacional de Guións. A súa obra está composta por uns 50 libros infantís e oito novelas, traducidas a numerosas linguas.