Francisco X. Fernández Naval

Ourense, 1956

Poeta e narrador, é licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación. Dende 1980 ten publicado preto de 50 obras, entre poesía, novela para adultos e xuvenil, literatura infantil, relatos, ensaio, teatro, guións audiovisuais e guías de viaxes. Tamén traduciu ao galego os textos doutros escritores. Ten recibido os premios Cidade de Ourense de Poesía (1980 e 2007), Xerais de novela (1988), Fiz Vergara Vilariño (2010), Irmandade do Libro (2012) e Ánxel Casal (2014). Fotografía: Maribel Longueira