Isidro Ferrer

Madrid, 1963

Iniciou a súa traxectoria profesional como actor de teatro. Posteriormente traballou no Estudo Peret de Barcelona, fundou en Zaragoza o taller de deseño Camaleón e en 1996 instalouse en Huesca, onde creou o seu propio estudo. Adícase ao cartelismo, o deseño editorial, a ilustración, a realización de historietas, a dirección artística de exposicións e series de animación para televisión. Pertence á Alianza Gráfica Internacional. A súa obra está publicada en España, Portugal e Francia, e expúxose en Madrid, Barcelona, Valencia, París, Bruxelas, México e Bos Aires. Recibiu os Premios Nacionais de Deseño e de Ilustración, o premio Lazarillo e o Laus de Ilustración, entre outros.

Outros libros do mesmo autor en castelán