Manolo Figueiras

Cidade de México, 1961

Pintor e escultor, é un dos creadores máis destacados do panorama galego. Compaxina a arte co seu traballo como profesor no Ensino Medio. Na súa produción -coa que ten participado en varias exposicións- destacan as series sobre mitoloxía clásica e os retratos de artistas. Ten ilustrado libros de poesía de Rosalía de Castro, Pepe Cáccamo e Antón Riveiro Coello, entre outros autores. Tamén elaborou as placas cerámicas do roteiro A Esmorga, en Ourense.