Giulia Frances Campolmi

Florencia (Italia), 1980

Graduada en Deseño e Teatro na Escola de Arte Central St. Martins de Londres, dende 2004 traballa como deseñadora de escenografía teatral e vestiario tanto en Italia como en Inglaterra, para montaxes que se representan internacionalmente. Participou en exposicións con obras de instalación e performance. Pola súa afección, dende a nenez, aos libros ilustrados, realizou o Master en Ilustración ‘Ars in Fabula’ da Academia de Artes de Macerata. “O paraugas amarelo”, creado precisamente durante ese curso, é o seu primeiro libro. 

http://giuliafrances.blogspot.com/