Célestin Freinet

Francia, 1896; , 1966

Iniciou a súa traxectoria como mestre nos Alpes. Escribiu artigos en revistas especializadas e participou en congresos alentando unha nova escola popular proletaria. En 1926 casou coa mestra Élise Lagier-Bruno, creou a Coopérative de l'Enseignement Laïc e dirixiu a publicación L'Éducateur Prolétarien mentres militaba no Partido Comunista e no sindicalismo. En 1935 puxo en marcha unha escola libre experimental en Vence para alumnado con escasos recursos. Durante a II Guerra Mundial formou parte da Resistencia contra o Goberno de Vichy e estivo preso. Trala súa liberación e a fin da II Guerra Mundial, retomou a actividade docente. En 1948 a cooperativa transformouse en Instituto Cooperativo da Escola Moderna (ICEM), en Cannes, para impulsar o traballo cooperativo entre docentes de toda Francia. En 1957 creou a Federación Internacional de Movementos para a Escola Moderna. Célestin e Élise Freinet tamén escribiron un considerable número de textos pedagóxicos.