Paulo Freire

Recife, Pernambuco, 1921; São Paulo, 1997

Estudou Letras e doutorouse en Filosofía e Historia da Educación. É un dos nomes máis destacados da pedagoxía do século XX polos seus textos teóricos e as súas experiencias no campo da alfabetización de adultos e mais da educación popular, que abriron perspectivas novas de acción educativa. Tras o golpe militar de 1964 exiliouse en Chile onde -baixo o goberno de Allende- seguiu impulsando programas de educación de adultos; alí escribiu a "Pedagoxía do oprimido". Nos Estados Unidos impartiu clases na Universidade de Harvard e seguiu colaborando con grupos sociais dedicados á reforma educativa. En 1980 volveu ao Brasil como profesor en São Paulo; nesta cidade foi secretario de Educación. En 1986 recibiu o Premio Internacional Paz e Educación da UNESCO. Foi nomeado doutor honoris causa por numerosas universidades do mundo. Fotografía: Agencia estado