Adrià Fruitós

Barcelona, 1984

Estudou na Escola Massana de Arte e Deseño, en Barcelona, onde se especializou en ilustración. Ampliou a súa formación na Escola de Arte ESAD de Estrasburgo (Francia). Ao longo da súa traxectoria profesional colaborou con varias institucións, axencias de publicidade, revistas e editoriais de España, Francia, Portugal, Reino Unido, Brasil e Estados Unidos. A súa obra expúxose dende 2004 en salas e eventos de diversos países. Ilustrou, entre outros, o libro-disco de ópera “O elixir do amor”, editado por KALANDRAKA, tamén en portugués. http://www.adriafruitos.com/

http://adriafruitos.blogspot.com.es/