Gloria Fuertes

Madrid, 1917

Aos 5 anos xa creaba os seus propios contos. Empezou a escribir versos aos 14 e con 17 publicou o seu primeiro libro de poemas, "Isla ignorada". Aínda que se definía "autodidacta e poeticamente desescolarizada", é vinculada á xeración do 50 e ao Postismo. Neses anos iniciou unha exitosa carreira literaria pola que obtivo unha beca Fulbright para ensinar literatura española na Universidade de Pennsylvania. Nos 70 colaborou nos programas infantís de TVE "Un globo, dos globos, tres globos" e "La cometa blanca". Recibiu en cinco ocasións o Aro de Prata desa cadea. Participou en recitais, sen deixar de publicar poesía infantil e para adultos, teatro e relatos. Destacan obras como "Poesía ignorada" (1950), "Aconsejo beber hilo" (1954) e "Poeta de guardia" (1980). Recibiu, entre outros recoñecementos, o Diploma de Honra do Premio Internacional Hans Christian Andersen (1975) por "Cangura para todo", foi Dama da Paz (1987) e Socia de Honra de UNICEF (1997).

http://www.gloriafuertes.org

Outros libros do mesmo autor en castelán