Anxos Garabana

Pontedeume, A Coruña, 1970

Licenciada en Pedagoxía e diplomada en Graduado Social. Formou parte de agrupacións musicais de corte clásico -como Orfeón Terra a Nosa, Resonet- e de música tradicional. Pola súa vinculación ao movemento social e veciñal, foi xestora da Federación Don Bosco entre os anos 1997 e 2000. Actualmente traballa como profesora de servizos socioculturais e á comunidade, labor que compaxina coa formación en música, canto e danza contemporánea.