Olalla González

Marín, Pontevedra, 1977

Diplomada en Maxisterio, na especialidade de Educación Primaria. Especialista en animación á lectura, imparte diversos obradoiros plásticos e literarios. Traballa no departamento de edición de Kalandraka e pertence ao equipo de animación á lectura da libraría Libros para Soñar, de Vigo.