Michael Grejniec

Polonia

"A que sabe a lúa?", escrito e ilustrado polo autor e ilustrador polaco Michael Grejniec, é un libro especialmente recomendado para primeiros lectores. A súa estrutura baséase nas repeticións e na acumulación de personaxes, un recurso moi frecuente na literatura tradicional. Esta obra invita a ser contada, logrando a interacción entre o narrador e os receptores. Dende o punto de vista estético, as ilustracións destacan polo seu estilo sinxelo e cálido, ao que contribúe o soporte sobre o que están realizadas, en papel-couché. A distribución das imaxes e do texto, sobre fondo branco, proporciona un grande equilibrio que potencia o efecto artístico do libro.

Outros libros do mesmo autor en castelán