Maya Hanisch

Santiago de Chile, 1981

Estudou deseño gráfico na Universidade Diego Portales de Santiago de Chile e ilustración e pintura no SMFA (School of the Museum of Fine Arts) de Boston. Dende 2008 publicou varios libros infantís como autora, en editoriais de diversos países. Ademais de dedicarse a escribir libros e á ilustración infantil, tamén traballa en publicidade e prensa; impartiu clases de ilustración na Universidade Católica de Chile e e na Biblioteca Nacional do seu país. Expuxo as súas obras tanto en Chile como no estranxeiro. Recibiu o Premio Fondo de Fomento á Lectura 2010, o Fondo do Libro 2014, en Chile, e o Premio Nami Island 2015 en Corea do Sur.

http://www.mayahanisch.blogspot.com