Chema Heras

Ávila, 1957

É profesor de inglés en Cambados (Pontevedra) e pertence ao consello editorial de FAKTORÍA K DE LIBROS. Editou un libro de poemas, “Nido de amor e cuna” (edición de autor, 1982) e a colección de contos titulada “Bulebule” para o ámbito educativo, destinada á ensinanza da lectura en galego. Durante a súa estadía en Australia escribiu varios libros editados polo Departamento de Educación de Nova Gales do Sur. En 1990 publicou en Sotelo Blanco a obra “A fuxida dos Nenos”, e en 1999 “Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis”. Tamén é autor de “Avós”, editado en varias linguas por KALANDRAKA. Esta obra recibiu o Premio Llibreter 2003. Ademais, é tradutor de títulos como “Las aventuras de Pinocho”, tamén en KALANDRAKA.