Stéphane Hessel

Berlín, 1917; París, 2013

Pasou a súa nenez en París, en contacto coas vangardas artísticas e ideolóxicas. Pola súa pertenza Consello Nacional da Resistencia francesa durante a II Guerra Mundial e pola súa orixe xudía, foi capturado pola Gestapo e deportado aos campos de concentración alemáns de Buchenwald e Dora. A raíz da súa incorporación ao corpo diplomático, participou na redacción da Declaración Universal dos Dereitos Humanos en 1948. Os seus pensamentos foron unha enriquecedora lección de historia contemporánea, filosofía e política, con tintes de literatura e un fondo pouso de rebeldía. Fronte ao egoísmo e á competitividade, Hessel entregoulles aos lectores as bandeiras da liberdade e do compromiso. As súas palabras, cargadas de esperanza e de insurrección pacífica, son o antídoto contra a indiferenza. FAKTORÍA K únese a esta mensaxe vital coa publicación en galego de "Indignádevos!", na colección Ágora K. A ela sumouse a obra "A revolta dos indignados", cos artigos de Carlos Taibo, Josep Maria Antentas, Esther Vivas, Antoni Domènech Figueras, Iván Giménez Chueca e Juan Carlos Monedero.