John Kennedy Toole

Nueva Orleáns, 1937; Misisipi, 1969

Graduouse en Lingua Inglesa na Universidade de Columbia, pero non rematou o doutoramento por facer o servizo militar en Porto Rico. Foi profesor na Universidade de Luisiana e posteriormente nun colexio de Nova Iorque. Influído polo ambiente do barrio Francés de Nova Orleáns e por un traballo esporádico nunha fábrica de roupa escribiu "A conxura dos necios", á que considerou unha obra mestra. Os editores de Simon&Schuster rexeitaron publicala respondéndolle que "non trataba realmente de nada". A decepción polas negativas recibidas levouno a unha situación de deterioro persoal e profesional, un sentimento de fracaso que o abocaría ao suicidio. Once anos despois da súa morte, a súa nai, Thelma Toole, atopou o manuscrito e percorreu sen éxito varias editoriais, ata que lle insistiu ao escritor Walker Percy, que cando leu a novela quedou marabillado pola calidade literaria que outros rexeitaran de forma tan reiterada. Publicouse en 1980 e converteuse nun gran éxito comercial. Ao ano seguinte en Francia foi nomeada mellor novela de lingua estranxeira. Na rúa Iberville 800 de Nova Orleans chegouse a levantar unha estatua adicada a Ignatius J. Reilly. En 1989 publicouse tamén "La Biblia de Neón", outra novela escrita por Toole cando tiña 16 anos.