Judith Kerr

Berlin, 1923

Pouco despois de que o réxime nazi chegara ao poder, Judith Kerr e a súa familia -de orixe xudeaabandoaron Alemaña e establecéronse primeiro en Suiza, logo en Francia e, finalmente, en Reino Unido, onde rematou os seus estudos de Arte e obtivo a nacionalidade británica. Antes de adicarse á literatura, á pintura e á ilustración, traballou para a Cruz Vermella durante a II Guerra Mundial. Ao longo de varios anos foi guionista de televisión na BBC. É autora de varios libros para público infantil e novelas autobiográficas nas que recrea a súa vida no exilio e a súa volta ao Berlín da posguerra. Foi galardoada en 1974 co Premio Deutscher Jugendliteraturpreis pola obra “Cando Hitler roubou o coello rosa”.