Yara Kono

São Paulo (Brasil), 1972

Estudou Farmacia e Bioquímica na Universidade de Sao Paulo, pero as súas maiores aficións eran a ilustración e o deseño. Logo de licenciarse, fixo un curso de Deseño e Comunicación na Escola Panamericana de Arte, en Sao Paulo, faceta á que se acabou adicando profesionalmente. En 2000 trasladouse a Xapón cunha bolsa académica do Centro de Deseño Yamanashi. Dende 2001 reside en Portugal, onde traballa como deseñadora gráfica; nos últimos catro anos, en Planeta Tangerina. Realizou varios proxectos de ilustración para a Revista Batatoon e a Cámara Municipal de Cascais.

http://yarakono.blogspot.com/