Daniela Kulot

Schongau, 1966

Os pinceis e os lapis forman parte da vida desta autora e ilustradora dende a súa mocidade. En 1988 iniciou os seus estudos de educación artística e alemán na Universidade de Augsburg, aos que seguiron outros cursos de deseño gráfico e ilustración. A partir de 1993 comezou a traballar como pintora, ilustradora e deseñadora freelance. Completou a súa formación na Escola de Belas Artes de Munich. Empezou a visitar feiras internacionais de literatura infantil, como a de Boloña, e a súa primeira oportunidade chegou a través da editorial alemá Thienemann. En 1999 comezou a dar clases de debuxo na Escola Profesional de Augsburg. A súa obra tamén se expuxo na Bienal Internacional de Bratislava (1997), no museo de Günzburg (2001), e na Feira de Arte de Nagama, en Xapón (2002), entre outras cidades.

http://danielakulot.wordpress.com

Outros libros do mesmo autor en castelán