Robert Lawson

Nova York, 1892; Connecticut, 1957

Estudou na Escola de Belas Artes de Nova York e a súa carreira comezou en 1914 coa publicación dun poema contra a invasión de Bélxica na revista Harper's Weekly. Tras prestar servizo no Exército estadounidense durante a I Guerra Mundial, retomou a súa faceta artística e en 1922 ilustrou o seu primeiro libro infantil. A súa traxectoria suma unhas 70 publicacións, algunhas delas levadas ao cine de animación. Foi galardoado coas Medallas Caldecott (1941) e Newbery (1945), e o Lewis Carrol Shelf Award (1961). O seu legado documental e artístico atópase na Universidade de Minnesota e na Biblioteca Pública de Filadelfia.