Arnold Lobel

Os Ánxeles (EEUU), 1933; Nova Yok (EEUU), 1987

Estudou Arte no Pratt Institute, onde coñeceu a que sería a súa muller, a ilustradora Anita Kempler. Empezou traballando para unha axencia de publici-dade e con posterioridade adicouse a ilustrar libros escritos por outros autores. En 1962 apareceu o seu primeiro libro, "A zoo for Mister Muster", ao que lle seguiu un ano despois "A holiday for Mister Muster". Como autor e ilustrador recibiu numerosos recoñecementos por parte do público e da crítica especializada. Entre os premios obtidos destacan o Caldecott Honour Book, o Christopher Award, o Caldecott Award e o Newbery Honour Book. Ao longo da súa traxectoria ilustrou uns 70 libros de outros escritores, aos que se sumaron case unha trintena máis escritos e ilustrados por el.

Outros libros do mesmo autor en castelán