José Antonio López Parreño

Madrid, 1965

Contacontos, especialista en monicreques, teatro de sombras e retablos de títeres. Traballou como mestre de educación primaria en colexios e granxas-escola. Dende hai máis de dez anos adícase a realizar actividades de animación á lectura, primeiro co Grupo Rodari, e posteriormente en solitario co nome artístico de Rodorín. “A ratiña presumida” foi o seu primeiro libro publicado.